2us

 2us 1

"2uS" é un dúo composto polo guitarrista Pablo Carrera e o clarinetista Fernando Abreu.

A búsqueda de novos lazos entre a guitarra e o clarinete, a exploración da música improvisada e a composición espontánea son os nexos de unión entre éstes dous músicos de dilatada experiencia profesional.

Os primeiros traballos como dúo foron a creación de espazos sonoros para as obras de teatro "A Paz do Crepúsculo" (2003 Talia teatro) e "García" (2005 Teatro do Adro), nos dous espectáculos traballaron xunto ao director e autor Candido Pazó. Neste mes de Maio de 2008 presentarán públicamente o seu primeiro traballo discográfico "sÓsOnsOns" (ó xeito tradicional), unha viaxe musical dende a tradición á modernidade, un traballo de autor nacido da improvisación e a complicidade, onde colaboran grandes músicos coma Pablo Novoa, Leandro Deltell ou Paco Dicenta entre outros. A sala "Teatro Ensalle" será testigo en Vigo da presentación en directo deste traballo os días 24 e 25 de Maio.
Paralelamente a este traballo presentan unha compilación das súas sesións de improvisación livre realizadas ó longo do tempo de relación musical en parella, que recollidas en formato dixital é publicada no netlabel alg-a.org co título de “nOnsOnsÓsOns” inclúe gravacións en acústico, con procesamento do son, superpoñendo diversas pistas de audio, experimentando con percusións e unha peza acompañados polo percusionista Leandro Deltell (Slow Disco Funk C-). Pablo Carrera interpeta guitarra española, guitarra sen trastes, guitarra eléctrica, baixo, percusións e voz.
Fernando Abreu interpreta clarinete en Si b e La, clarinete baixo, percusión e voz.

Fernando Abreu é profesor de música no ensino secundario e tamén comparte actividade musical co "Cuarteto Caramuxo" ,a "O.M.E.GA" (Orquestra de Música Espontánea de Galicia), "Es un Árbol", e as colaboracións habituais con Mercedes Peón.

Pablo Carrera alterna a súa actividade musical de "2uS" con grupo "Doctor Harapos" e o "Redmoon trío".

Mais información en:
www.myspace.com/2usdous
www.myspace.com/ferabreu
www.myspace.com/pablusy

Contacto:
ferabreu(a)edu.xunta.es
pabenca(a)hotmail.com

Comentar