[alg053]

@c

30x1.3

@c 30x1.3 1 @c 30x1.3 2

@c
30x1.3
alg053 / 2010 / alg-label.com
01) 54x01 (26’18")
02) 54x10 (11’17")
03) 54x11 (11’17")

Composto por Miguel Carvalhais e Pedro Tudela, en Porto, de 2005 a 2009, a partires das fontes sonoras da instalación "30x1" na galería Solar, Vila do Conde (2005), e da instalación "30x1.2" na Casa da Música, Porto (2007).

Agradecementos: Lia, M.Bernat, Casa da Müsica, F.Coelho, Curtas Metragens, J. Cruz, J. Dias, Drumming, A. Durán Vázquez, A. Ferreira, J. Fonseca, B. Molina, N. Rodrigues, X. Valle, P. Vinhas.

En 2055 desenvolvemos unha instalación audiovisual para a galería de arte cinemática Solar, en Vila do Conde, Portugal, coa nosa colaboradora habitual Lia. A instalación, producida polo Festival de Curtas Metragens de Vila do Conde, foi construída a partires de máis de cen pezas audiovisuais dun minuto, organizadas en cinco grupos e proxectadas ou mostradas en televisións de varias salas da galería, creando unha composición audio-visual-espacial semi-aleatória. En 2007 fomos convidados a desenvolver o sistema para mostrar unha nova versión da instalación na Casa da Música, en Porto. A partires do sistema non lineal das instalacións foron tamén producidos dous videos lineares: "30x1.01", en 2005, e "int.16/54//son01/30x1", en 2006, ambos compostos a partires das fontes audiovisuais das instalacións. Estas pezas foron entretanto mostradas en varios festivais de video, cine e arte electrónica. A peza final neste proxecto con cinco anos de duración era este conxunto de compsicións sonoras, que tamén parten dos materiais creados para as instalacións.

Sempre nos gusta voltar aos traballos que desenvolvemos, de recrear, expandir ou reverter as composicións en novos contextos. Tentamos non ollar para as pezas como productos rematados, mesmo cando xa foron publicadas -e nese sentido, de certa forma pechadas. Cada composición é un proceso aberto que pode ser retomado en calqueira momento. Logo de máis de dous anos, foi finalmente hora de voltar a estes ficheiros e de compoñer estas tres novas pezas.

Pódese atopar máis información sobre as pezas na nosa web: www.at-c.org

Miguel Carvalhais (Porto, 1974) é deseñador e músico. Ensina no Departamento de Deseño da Facultade de Belas Artes da Universidade de Porto.
Pedro Tudela (Viseu, 1979) é artista plástico, músico e escenógrafo. Ensina no Departamento de Pintura da Facultade de Belas Artes de Porto.

Carvalhais e Tudela colaboran como @c dende o 2000. Normalmente actúan como dúo, e trio audiovisual coa artísta austríaca Lia ou con outras formacións. Teñen publicado 13 traballos en varios formatos con editoras como a Crónica, Grain of Sound, Alg-a, Feld, Ristretto, Post.Disco, ademáis de ter participado en varias compilacións. O seu traballo foi presentado nalgúns dos máis prominentes festivais de Europa.

    1 Comentario

  • by zeromoon, 14 October 2010 08:11

    Great stuff. The sounds are organized in a very visual way creating images for the ears. Very immersive and good to get lost in.

Comentar


bouton radio modere priori

forum info modere