Gravado, mixturado e masterizado entre marzo do 2004 e marzo do 2005 en Vigo.
(info) Pulsus, Repulsus é un traballo argallado a partires de improvisacións con dous sintetizadores e máis varios reproductores de CD. No comezo concebín cada son ou "patch" programado nos sintetizadores (ou gravado nos CDs) coma unha microcomposición adicada a combinarse coas outras nun proceso de mistura improvisada que é a idea central das miñas actuacións en directo. A repetición periódica das improvisacións no curso de varios meses orixinou un xeito estereotipado de interpretalas miñas composicións e así naceu a macrocomposición que en decembro do 2005 gravei e posteriormente titulei Pulsus, Repulsus. Sons sintéticos que imitan os sons da natureza; masas resoantes de frecuencias que imitan ás máquinas; bucles de notas que xeran unha música estática e minimalista; todo organizado nunha estructura narrativa que funciona coma un poema creacionista sen palabras.
Gravado o 15 de nadal de 2005. Mixturado e masterizado en marzo do 2006 en Vigo. Durán Vazquez.
Gracias a Xesús Valle polo seu apoio humano e creativo.






