[alg030]

äNACRUSä

Balads from the four seasons

äNACRUSä Balads from the four seasons 1 äNACRUSä Balads from the four seasons 2

Ballads from the 4 seasons consiste nunha serie de catro eps sobre as estacións do ano feitos na súa totalidade con grabacións de campo. Cada ep inclúe catro pezas pergeñadas (en canto a composición e a rexistros de sons) no tránsito da súa estación correspondente.

É unha obra lo-fi dende a súa raíz. Tódolos samplers foron capturados ( case coma fotografías sonoras) cun sinxelo reproductor mp3 a 8000Hz, excepto El estómago de la noche, e un sampler en El flujo del crepúsculo, que foron feitos co meu antigo pc e, nembargantes, tamén en baixa fidelidade.
As grabacións foron fotografiadas ao longo de Galicia e as pezas compostas en Vigo, na rúa Pizarro, no tránsito do ano 2005. Entre finais de Xaneiro e a primeira metade de Febreiro do 2007. Masterizáronse en Pontesampaio (case todo), Chapela, Canido e Cela, respetándose o espírito lo-fi.
As baladas dende as catro estacións é a segunda obra de äNACRUSä, o maldito bicho en contínua mutación. "Estas baladas son a miña dormevela. Brotan da natureza, da vida mesma, das tripas, da mente e do corazón do bicho".
Gracias infinitas a Rebeca por ser o meu motor e a alg-a (especialmente a Xesús, pola súa paciencia e amizade), por atreverse a publicar os meus desvaríos.

    1 Comentario

  • por Xe, 6 de xuño do 2007 06:27

    Felicidades NACRUS !
    un album impecablede principio a fin.

Comentar


bouton radio modere priori

forum info modere