[alg038]

Coeval

Distante II

Coeval Distante II 1 Coeval Distante II 2


Juan Carlos Blancas
é un dos membros de Coeval. Músico, artista e enxeñeiro de son cunha longa traxectoria no audio experimental. Coeval é un clásico referente da escea electrónica en España.
Distante II forma parte dunha trioloxía chamada "Distante". A primeira parte foi editada polo netlabel xaponés minusn.com. Este traballo é unha mixtura de paisaxes sonoras e manipulación dixital dunha extraordinaria calidade, nel combínase a síntese dixital do son, mixturando erros informáticos, algoritmos xenerativos e gravacións de campo.


Juan Carlos Blancas
é tamén un dos membros fundadores da Asociación de Arte Dixital CRC de Madrid, que teñen organizano eventos como o Festival Sonikas.

Unha versión de DistanteII para catro altavoces foi presentada en:
Ciclo300+ (Xullo 2006) -> Teatro do Vello Concello de San Isidro, Bos Aires.
Vibra (Novembro 2006) -> Outubro Centre de Cultura Contemporànea de Valencia.
AKME06 (Dicembro 2006) -> Facultade de Belas Artes de Bilbao.

Webs:
http://www.ccapitalia.net/tip/
http://www.ccapitalia.net/crc/

Contacto:
coeval[at]mac[dot]com

    1 Comentario

  • 16 de marzo do 2008 06:02

    Magnifico trabajo

Comentar


bouton radio modere priori

forum info modere