Nado en Vigo (Galicia, España) en 1979. Comezou a traballar o son en 1998 de xeito autodidacta e sen formación académica. En 2003 apareceron as súas primeiras composicións editadas nun disco da discográfica independente portuguesa Crónica Electrónica. O seu traballo está enfocado na creación de audio con medios dixitais, arte radiofónico e actuacións en directo. Eventualmente compuxo pezas para cine, convocatorias de arte sonora, colaboracións musicais, as súas propias pezas audiovisuais e deseños de maquetas. Produce o programa quincenal “Radio Mil Colinas” para Rádio Zero e Radio FilispiM. Ten máis de dez traballos de música experimental editados (a meirande parte deles dispoñibles gratuitamente e accesibles no seu espacio web) ademais de diversas pezas en diferentes compilacións discográficas.
Actuou en festivais como Sonar (Barcelona 2004); LEM (Barcelona 2004); Experimentaclub (Madrid 2008); MEM (Bilbao 2008); In Sonora (Madrid 2009); tamén en eventos de arte sonora como Alg-a á Superficie (Facultade de Belas Artes, Pontevedra 2005); Concertos no LIMb0 (MAMBA, Bos Aires 2007); mostra ArtEx Sonora (MACUF, A Coruña 2008); Ciclo Vibra (Valencia 2009); Natal dos Experimentais (Sala Passos Manuel, Porto 2009); e en espacios culturais coma o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (2003 e 2007); club Maus Hábitos (Porto 2004); club NASA (Santiago de Compostela 2006); Centro Cultural de España en Montevideo (2007); Instituto Cervantes de Berlín (2008); Club Le Larraskito (Bilbao 2008); Galería DF (Santiago de Compostela 2008 e 2009); Alg-a Lab (Vigo 2009).
Espazo web:
http://cronicaelectronica.org/?p=duranvazquez
Contacto:
nomenekpos(at)gmail.com
AUDIO PUBLICACIÓNS
Product 01 - Sumugan Sivanesan
Cronica 007 2003
Beauty, Bourgeois Beauty.
netlabel alg-a
Activo, Reactivo. Pulsus, Repulsus. (Doble ep).
netlabel alg-a
Ghetto, Borghetto
Carbon records
Lore, Folklore
Animal Fact Records
Physikos, Aphysikos
Exp netlabel
Silence is not empty netlabel
2008
Larraskito Netlabel
2008
Crónica Electrónica
2009
Doministiku Netlabel
2010
R.O.N.F. Records
2010
PEZAS EN COMPILATORIOS
- (folklore) - (Compilatorio#1, CDR, alg-a netlabel 2005)
- Goebbels Pupils - (Essays on Radio, CD, Crónica 2005)
- Asturias, patria querida - (Compilatorio#2, mp3, alg-a netlabel 2006)
- Segunda Natureza (Noite) - (Mus***c, mp3, Crónica 2008)
Netlabel alg-a enlaces:
Francamente...Desconcertantemente apasionante
Estimado amigo Durán Vázquez:
Solo quería ponerme en contacto contigo para presentarme. Mi nombre es Julián Elvira. He sabido que conoces mi trabajo y lo utilizas en alguna de tus sesiones. Agradezco tu interés en mi música y lo celebro. Me gustaría mucho poder oir esa sesión en la que, de alguna manera, utilizas "QUÉ?".
Mi e-mail es info@julian-elvira.com y si te apetece escribirme unas lineas estaré encantado de charlar un ratito contigo.
Saludos cordiales
Julián Elvira