[alg043] - _blank - EXT [procura interna]

Creative Commons License

Esta peza forma parte dunha serie de ’ready mades’. Con este término non pretendo facer ningún tipo de afirmación artística, simplemente é unha maneira de denotar que eu non tiven moito que ver na súa realización, xa que limiteime a rexistra-lo son emitido por unha máquina.

Neste caso, a máquina en cuestión é un aparato de finais dos anos oitenta pensado para alterar as ondas cerebrais coa intención de relaxar, alivia-lo estrés, etc. A empresa que o fabricaba pechou a principios dos noventa por orde xudicial, acusada entre outras cousas de publicidade enganosa e de vender dispositivos supostamente médicos sen os permisos apropiados. Ademáis atribuianse os seus aparatos varios casos de ataques de epilepsia.

_blank

Máis información sobre _blank

Comentar