alg-set03

Carlos Suárez.

Live Sónar 2009

Carlos Suárez. Live Sónar 2009 1 Carlos Suárez. Live Sónar 2009 2

Sapere Aude significa en latín atrévete a saber ou ten o valor de coñecer. Esta peza fai referencia ao desengano, que se produce cando nos atrevemos a mergullarnos na dor do mundo, e dámonos conta ata que punto o poder enganounos, para que así nos convertamos en cómplices da súa vaidade e esforzos por manter os seus efémeros privilexios.

O desengano aínda que extático é tamén unha experiencia dolorosa, pois implica o recoñecemento dunha verdade que se atopa oculta. Segundo Nietzsche: “a cuestión é: canta verdade somos capaces de soportar? esa foi sempre para min a auténtica unidade de medida”.

A obra intenta transformar o desengano en son, pero non é suficiente revelar ao mundo estas acústicas da mentira e a estafa dicindo que todo é unha merda, o artista ten a responsabilidade de propor unha saída, unha alternativa ao engano. No meu caso, creo que é a diversidade: ideolóxica, estética, biolóxica, relixiosa, e de calquera outro tipo, a que ten capacidade de quebrantar os cimentos do poder, o cal esencialmente fortalecer e nútrese da uniformidade, dos dogmas e da anulación do libre albedrío.

    2 Comentarios

  • por man_hauser, 5 de xuño do 2010 00:47

    En canto a cuestión do PODER e do SOPORTAR e/ou o SOPORTE está o tema da identidade. Cando o que quere e desexa é UN cabe o perigo de querer e desexar para UN MESMO; o cal moitas veces significa: desexar para-o-sistema; inconscientemente, non facemos senón perpetuar os reximes e as inquedanzas que o sistema fai pasar por nós (dalgunha maneira) e nós operamos por el. A túa "música" vai en contra dun criterio de UNIDADE e ARMONÍA na produción e incluso contra un criterio de ORGANIZACIÓN na mesma. O son que se produce acontece antes ben en BLOQUES de intensidade, CONTINUUMS; que non teñen que ver cunha suposta natureza-UNHA, ou desexo integrado, sen fisuras. Esa relación MÚSICA/NATUREZA ou ben DESEXO/IDEALIZADO a través da inspiración (musa...) ráchase cando se pon a funcionar, a producir, nun aparello, nunha serie de mecanismos que están alén incluso do organismo, do orgánico como sistema de resortes naturais e espontáneos de REACCIÓN. Que poida haber unha natureza industrial, un desexo productivo, (tamén post-industrial...); así como a forma de tratalo en bloques e continuums como se sinala, nos leva antes que nada, a crise e fractura so soportábel, ponnos en relación directa co insoportábel (do desexo e da natureza) e nos obriga a ser conscientes de cómo nós PRODUCIMOS todas esas "ilusións" (por seguir un pouco a túa linguaxe). Des-idealizar a música, facer non-música, pero non en oposición dialécitca coa mesma, senón como bloques de produción inmanente e auto-organización... tal é o que nos sitúa inmediatamente no noso potencial produtivo inconsciente. Por iso a inquedanza, o desasosiego, a crueldade... que aparecen nas túas pezas. Un non-idealismo. Unha non-imaxe. A emisión proliferada e diáspora das partículas, como texturas multiplicadas en razón do seu propio algoritmo recreado; nunha razón da súa produción que se re-inventa a cada momento, mais que nunca chega a ser o que SE esperaba.

  • por isaac, 5 de decembro do 2010 13:46

    Concierto brutal!

Comentar


bouton radio modere priori

forum info modere