Música & Arquitectura
Entendemos a arquitectura como todo espacio que o home elixe para habitar, sexa este natural ou o constrúa coas súas propias mans. Esta definición ampla de arquitectura reflicte a supremaciá da arquitectura sobre as outras artes, xa que estas realízanse dentro da arquitectura e nela se acochan. Pero no noso caso, a arquitectura non é só un colector da música que se executa, senón que as súas caixas de resonancia son parte da propia música, establecéndose un xogo entre música e arquitectura.
As arquitecturas coas que traballamos teñen unha acústica especialmente relevante, ás veces son obras históricas monumentais, outras arquitecturas máis cotias come un ximnasio, pero que polas súas dimensións ou características propician o xogo sonoro. Tamén están incluídos os espacios urbanos e os seus sons, como no caso da última obra La Línea - La Habana.
Son obras que parten de intervencións sonoras realizadas nestes espacios e de gravacións de sons propios destes lugares, que posteriormente foron traballadas no LIEM (Laboratorio de Informática e Electrónica Musical do CDMC de Madrid).












