[alg051]

Xesús Valle

Noites Enteiras

Xesús Valle Noites Enteiras 1 Xesús Valle Noites Enteiras 2


Noites enteiras é un traballo de intimidade sonora. Sons que reflicten soidade, que fan que o oínte inebitablemente se sinta seducido pola curiosidade e o voyerismo sonoro.
Retratos de persoaxes polo seu simple estar no mundo, polo son emitido dende os seus corpos ao relacionarse cos obxectos que o rodean. Un retrato das persoaxes polo son do sangue e as resonancias que produce ao rebotar nas paredes das veas.
Sons cotiáns, corporais e de manipulacións ascentrais, ritmos vitais e universais.

Noites enteiras naceu como o espazo sonoro da obra teatral "Crónicas de días enteiros, de noites enteiras" de Xavier Durringer, unha adaptación ó Galego do texto orixinal, dirixida por Alfredo Rodríguez e Olga Comeselle, que foi estreada o 24 de Agosto de 2008 no auditorio municipal de Cangas do Morrazo.
O Album, respeta a liña temporal que se presentou en escéa, con só algúns cambios de duración.

Aquí tedes o texto de presentación da obra en palabras do propio autor [Xavier Durringer], que ben podería estar falando deste traballo sonoro de Xesús Valle.

"Son anacos de textos, breves monólogos, pensamentos, breves diálogos, sainetes, comezos de algo, fragmentos de historias.
Pequenos feitos, quentes, como instantáneas, pequenas polaroids.
Non é unha montaxe, ordenada como unha historia, cada texto pode ser tomado aisladamente, sacado do contexto, cada un pode atopar o seu camiño, non é unha obra.
É un material para armar, confrontacións para que os actores as falen, sen flores, sen maquillaxe, historias de amores, de peleas, cousas clásicas;
en fin, a vida cotiá, que concentrase eiquí.
Cada texto leva o seu propio final. Poderíanse mesturar todos como un gran xogo de cartas.
Son anacos, pequenos recortes, voces que estalan suavemente, son voces de todos e de ninguén.
Do sorriso oculto á violencia de días enteiros... de noites enteiras."

Xesús Valle
Grabacións e Accións sonoras | Procesos | Fotografía e Arte do album

Cada personaxe é único, irrepetible.
A banda sonora de cada un, componse de pensamentos e silencios.
O son da pel transitando os recordos, os desexos, a vida.
O silencio das mentiras, dúbidas e manias.
O son dos nosos pasos, viaxes e presas.
O Silencio que non chega cando intentas durmir.

.Grabado en Vigo (Gz) e Nodar (Pt) entre 2007 e 2008
.Producido en Vigo no verán de 2008
.Publicado en Nadal de 2009

Adicado a miña familia.
Adicado a Mer. A Lez, Alfredo e o resto do equipo de "cronicas". A Berio Molina e ó colectivo alg-a ó completo. A änacrusä e Durán Vazquez. A Pablo Rega e toda a O.M.E.Ga. A Luis e Rui Costa de Binauralmedia e o pobo de Nodar.

+Info + Bio
http://www.alg-label.com/Xesus-Valle
http://www.myspace.com/xesusvalle
http://www.myspace.com/omegalicia
http://www.binauralmedia.org/artists/artists_xesus_v.html
http://cronicasdecronicas.blogspot.com/
http://www.aartistica.net/Artistica/Cronicas_files/Cro%CC%81nicas.pdf

Comentar


bouton radio modere priori

forum info modere