O Monte Máxico é unha paisaxe sonora subxectiva con gravacións de campo recollidas entre os meses de xullo a setembro do 2014 no Concello de A Lama: na súa praia fluvial, nos camiños, nas pozas, no Monte Seixo, no forno integral Pandarán... Inclúe tamén algúns sons xenerados con puredata.
Un devir por un contexto permacultor e de fonda ritualidade ao carón dun dos santuarios celtas máis importantes de Galiza, onde se sitúa unha das nosas sete Portalén, ou accesos ao mundo dos mortos: o Monte Seixo.
Aí está O Monte Máxico homanaxeado, ferido polas eólicas, onde aínda hoxe o chamanismo e tecnochamanismo moran.