[alg047]

Madamme Cell

OFF (Opera Forte Fonética)

Madamme Cell OFF (Opera Forte Fonética) 1 Madamme Cell OFF (Opera Forte Fonética) 2

Mónica de Nut (soprano e percusión)
Fernando Abreu (clarinete bajo, clarinete A e percusión)
madamme cell (piano, laptop, micrófono e percusión))
Nela Quesada (deseño gráfico, escenografía e videorealización ao vivo)
Xurxo Troncoso (iluminación, construcción de instrumentos)
Isaac Cordal (videocriación)
Roi Fernàndez (cámara en escena)
Mig Seoane (dispositivos interactivos)
Antía Sánchez (Deseño da portada)

Material sonoro inicial: Mónica de nut+ Fernando Abreu+ madamme cell
Música + libreto: madamme cell
Dirección artística e executiva: Cía A última rata

ópera forte fonética

Nesta voráxine de literalidade, datos, comunicacións, produtos, etiquetas, simplificacións, abreviaturas, regulacións, asepsia tecnolóxica, segura, fácil, limpa, asequible, impoluta, neohiperrealista APARIENCIA.....xorde dende Acqua : OFF periférica imprevisible, violenta, marxinal, maldito poeta …DESEXO

Nota de prensa:
El Correo Gallego - ’OFF’, a ópera intensa
Jueves 02.02.2006
MIRADAS

A última rata interpretou na sala Nasa de Compostela o seu espectáculo Off (Ópera forte fonética). Con moitísimo éxito, porque é unha viaxe marabillosa pola música, o silencio e as palabras.

É unha ópera divertida, moi visual, moi plástica. E quizais o seu maior atractivo é a súa enorme intensidade. Os que actúan, a música, os vídeos, logran unha representación con moitísima forza, moi medida, moi vital. Todo é un vibrar moi intenso das emocións, unha ópera intensa. Funciona no espectador case como unha catarse. É como deterse, e lavarse no río –neste caso no teatro- para volver a empezar a vivir, e facelo con máis forza, con máis limpeza.
Esquecer a saturación de doutrinas da sociedade, a contaminación acústica, e berrar.

Esta ópera é como un berro. Un berro alucinado, e ao mesmo tempo un berro lúcido, sincero. É como unha metáfora do que significa na vida das persoas a música, e é tamén unha metáfora da liberdade, espirnos das roupas que nos molestan, e pronunciar o que de auténticos temos.

Este espectáculo visual e musical é unha idea nova no panorama da creación galega. Unha idea que sorprende, que marabilla, que alegra. Porque estamos cansos de que o teatro sexa sempre igual a si mesmo, de que non evolucione. E a evolución é necesaria. Off (Ópera forte fonética) é como un soño que acontece despois de moito durmir, ao espertar. Recuperar a arte para a vida. Facer unha colaxe intensa, visionaria. Bailar e voar. Emborracharse.

Lupe Gómez

Máis info Madamme Cell

Comentar


bouton radio modere priori

forum info modere