[ALG019]

Is e Berio

Regueifa OS

Is e Berio Regueifa OS 1 Is e Berio Regueifa OS 2

Regueifa OS: burrr clic burr, ta ta ta tam.

Neste caso os regueifeiros son os bancos de son dos sistemas operativos de Windows Xp e MacOsX panther.

Presets da vida cotidiana. Sons que por defecto asedian o noso escritorio. Control e monopolio acústico do noso espacio.

Como decían Os resentidos cada situación ten a súa banda sonora. O que podíamos traducir nestes tempos, como que cada xesto ou movemento ten o seu burrr clic burr, ta ta ta tam.

regueifa hack - SO hack

deseño: Antía Sánchez

baixar

    2 Comentarios

  • por Odilon, 19 de maio do 2006 11:17

    Ei! A que se deben eses sons de ruleta da fortuna?....Pareceme moi interesante ese collage de sons predeterminados do ordenador...noraboa!

  • por berio, 23 de xullo do 2006 10:20

    Jei!, é unha historia moi longa...

    Estes temas os pensaramos o Isaac e máis eu para unha instalación sonora en octofonía para o festival Zeppelin no CCCB de Barcelona. De ahí que en total haxa nove temas, e de ahí que soe unha ruleta o comezo de cada un. Cada clic da ruleta soaba nun altavoz diferente seguindo as agulla do reloxo, de forma que o sonido ó pasar polos altavoces debuxaba unha espiral no espacio. A ruleta cada vez paraba nun altavoz diferente e empezaba a soar o tema por ahí, e así sucesivamente ata que a ruleta paraba nos oito altavoces. Na novena e última volta soaban os oito altavoces o mesmo tempo, e soaban tódolos sons xuntos, como se pode escoitar no último tema. Parecianos curioso xuntar algo tan dixital como o random perfecto, o aleatorio repetitivo da ruleta coa alternatividade da regueifa, e ó contar con oito altavoces nos permitía xogar con esto.

    Logo as composicións dos sons tiñan máis regras de xogo. Por exemplo, en realidade, os oito altavoces nunca soaban xuntos nun mesmo tema, xa que estaban divididos en dous grupos de catro; un grupo de catro para o sistema operativo do isaac, e outro para o meu, de forma que cada tema só soaba por catro altavoces, sempre diferentes dos catro altavoces do regueifeiro-sistema operativo contrincante.

    Os sons tampouco estaban balanceados, e decir, non pasaban dun altavoz a outro. Si empezaban a soar nun altavoz, quedábanse soando ahí ata que remataran. En realidade hai máis pequenos detais deste estilo, sempre buscando as composicións desde unhas regras preestablecidas, como si dun xogo se tratase, algo que tamén comparte coa regueifa: os turnos, o repecto, etc...

Comentar


bouton radio modere priori

forum info modere