[ALG019] - Is & Berio - Regueifa OS

Creative Commons License

Regueifa OS: burrr clic burr, ta ta ta tam.

In this case, the “regueifeiros”(a tradicional style of sing in Galicia) are the sounds of the Windows OS and macOSX panther.

Common life presets. Sound-viruses inside our desktop. Control of our acoustic space.

regueifa hack - OS hack

artwork || cdlabel || contact || web_is || web_berio || download

    2 Comments

  • por Odilon, 19 de maio do 2006 11:17

    Ei! A que se deben eses sons de ruleta da fortuna?....Pareceme moi interesante ese collage de sons predeterminados do ordenador...noraboa!

  • por berio, 23 de xullo do 2006 10:20

    Jei!, é unha historia moi longa...

    Estes temas os pensaramos o Isaac e máis eu para unha instalación sonora en octofonía para o festival Zeppelin no CCCB de Barcelona. De ahí que en total haxa nove temas, e de ahí que soe unha ruleta o comezo de cada un. Cada clic da ruleta soaba nun altavoz diferente seguindo as agulla do reloxo, de forma que o sonido ó pasar polos altavoces debuxaba unha espiral no espacio. A ruleta cada vez paraba nun altavoz diferente e empezaba a soar o tema por ahí, e así sucesivamente ata que a ruleta paraba nos oito altavoces. Na novena e última volta soaban os oito altavoces o mesmo tempo, e soaban tódolos sons xuntos, como se pode escoitar no último tema. Parecianos curioso xuntar algo tan dixital como o random perfecto, o aleatorio repetitivo da ruleta coa alternatividade da regueifa, e ó contar con oito altavoces nos permitía xogar con esto.

    Logo as composicións dos sons tiñan máis regras de xogo. Por exemplo, en realidade, os oito altavoces nunca soaban xuntos nun mesmo tema, xa que estaban divididos en dous grupos de catro; un grupo de catro para o sistema operativo do isaac, e outro para o meu, de forma que cada tema só soaba por catro altavoces, sempre diferentes dos catro altavoces do regueifeiro-sistema operativo contrincante.

    Os sons tampouco estaban balanceados, e decir, non pasaban dun altavoz a outro. Si empezaban a soar nun altavoz, quedábanse soando ahí ata que remataran. En realidade hai máis pequenos detais deste estilo, sempre buscando as composicións desde unhas regras preestablecidas, como si dun xogo se tratase, algo que tamén comparte coa regueifa: os turnos, o repecto, etc...

Comment