[alg034]

Carlos Suárez

Resonancias Ontolóxicas

Carlos Suárez Resonancias Ontolóxicas 1 Carlos Suárez Resonancias Ontolóxicas 2

Stream via m3u (archive.org)

Sream via flash (alg-a.org)


O son resoa dentro da bóveda do pensamento, e as súas innumerables reflexións invocan a presenza do ser, reverberando nunha arquitectura acústica que produce argumentos que debilita ao poder desintegrador da morte.

O recinto abovedado do cranio é o templo das revelacións, que actúa como unha caixa de resoancia que amplifica o espírito, confiríndolle ao seu misterio unha dimensión estética que se proxecta como ontoloxía. É similar á mecánica celeste, que vira animando o pensamento do home e facendo que o lume o tome como habitáculo. Esta música é unha metáfora do funcionamento orgánico da vida, un intento por entender ou traducir a intelixencia que nela esta contida. Non trato de crear unha paisaxe sonora mimética, procuro converter os sons en frases dunha linguaxe extática, que transforme os espazos invadidos polo silencio da morte en espazos de reflexión.
Carlos Suárez

Se queres saber máis sobre os temas publicados neste traballo de Carlos Suárez. Baixa o pdf que podes ver a continuación. Donde Carlos fala detalladamente de cada unha das pezas de Resonancias Ontolóxicas.

Textos en galego:

PDF - 29.8 KB

Textos en castelán:

PDF - 31 KB

Contacto e máis información sobre Carlos Suárez

    1 Comentario

  • por berio, 10 de setembro do 2007 19:41

    Non sei porqué, pero hai algunhas composicións nesta publicación que me recordan moito ao disco Old Rottenhat de Robert Wyatt, en concerto a de Desarraigamento e a de Necrolinguaxe. Creo que é polas melodías e os timbres. Ou esa atmósfera introvertida.

    Gústame moito.

Comentar


bouton radio modere priori

forum info modere