[alg052]

Escoitar.org

Sonic Weapons

Escoitar.org Sonic Weapons 1 Escoitar.org Sonic Weapons 2

Descripción:
Este traballo presenta diferentes usos, desenvolvementos e tecnoloxías centradas no SON para exercer control social e poder. A peza fai un acercamento conceptual a este tema a través de audio-citas e outras formas de documentación que analizan o impacto e efecto destas tecnoloxías, así como os seus usos e abusos. A través do formato da micro-historia ou o docudrama, este traballo contribúe á análise dos efectos do son na existencia humana, permitindo unha análise crítica deste fenómeno.

Unha primeira versión de ’Sonic Weapons’ foi producida e premiada no contexto do Art’s Birthday Party 2009 (’Safe & Sound’), organizado polo Ars Acustica Group.
Para consultar máis detalles referentes ás audio-citas orixinais, podedes ir a www.artesonoro.org/sonicweapons/.
Exceptuando onde se diga o contrario, este traballo ten unha licenza Creative Commons Attribution-Noncommercial-Share Alike 3.0

Ficha:
Título: “Sonic Weapons”
Dirección: Escoitar.org
Producción: Juan-Gil López, Chiu Longina
Comisionado por: Radio Nacional de España (Radio2) e Ars Acustica International (European Broadcasting Union EBU).
Ferramenta: Pure Data Software
Duración: 00:20:00
Realización: 2009
Formato: Audio

Extractos/Samplers/Gravacións/Audio-Citas:
"White Noise (House of Fun)" (unruidosecreto.net);
“Sirena de Izar” (Factorías Juliana S.A.U., Gijón 2008, gravado por Escoitar.org);
"The War of the Worlds" (Radio Theatre, Orson Welles. Audio-cita-), "Technocalyps" (documental dirixido por Frank Theys. Audio-cita-);
"Music for Airports" (Brian Eno. Audio-cita);
"Musique d’ameublement" (Eric Satie. Audio-cita);
"The Tailanders" (documental de Adele Horne. Audio-cita);
“Toque de campá anunciando unha morte (femenina)” (gravado por Escoitar.org en Insua, Pontevedra. 2008);
“Señales acústicas da Mina de a Camocha” (gravado por Escoitar.org en Gijón. 2008);
“Radio NPR: For a Non-Lethal Weapon, Israel Uses Sound” (Audio-cita);
“Entrevista con José sobre a caída de bombas na Guerra Civil española” (grabada por Escoitar.org en Gijón. 2008);
“BBC Radio News about ultrasound under 25” (Audio-cita. BBC Radio);
"Standard Operating procedure" (documental de Errol Morris. Audio-cita);
“Brain synch waves” (ondas de sincronización cerebral xeradas por software);

Sobre os autores:
Juan-Gil López é musicólogo. Membro dos proxectos Mediateletipos.net, Artesonoro.org e Escoitar.org. Nos últimos anos ven desenvolvendo diferentes traballos de investigación nos campos da etnomusicoloxía, música contemporánea e as relacións entre a música e as Belas Artes.
Chiu Longina é antropólogo, artista sonoro e creador de espazos sonoros. É co-fundador e membro dos grupos Escoitar.org, SINSALaudio, Alg-a, Artesonoro.org e Mediateletipos.net. É editor e comisario libre. Actualemente investiga acerca tecnoloxías sonoras de control social e armas acústicas (Tema da súa tese doutoral).

Comentar


bouton radio modere priori

forum info modere